Alumnado & Familias

Modificación do horario de saída – Venres 17 de abril

Informamos de que o vindeiro venres 17 de abril haberá restricións de tráfico na contorna de Maceda con motivo do paso da 4ª etapa da Volta Ciclista O Gran Camiño.

Estas restricións afectan ao transporte escolar, polo que, por indicación do Servizo de Mobilidade de Ourense (Dirección Territorial de Presidencia, Xustiza e Deportes), o centro adiantará a saída de todo o alumnado 40 minutos.

  • As clases rematarán ás 13:30h.
  • O alumnado chegará ás súas casas aproximadamente 40 minutos antes do habitual.

 

No caso de producirse algún atraso no transporte escolar, este poderá deberse a cortes ou restricións de tráfico que se produzan en horarios diferentes aos inicialmente previstos polo Servizo de Mobilidade, podendo ocasionar retrasos na chegada do transporte aos distintos domicilios.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *