
III Feira de Emprendemento Impulsa
O próximo 3 de marzo, organizado por Ayuda en Acción mediante o programa Impulsa, celebraremos no centro a III Feira Impulsa de Emprendemento, unha xornada para achegar ao alumnado os recursos e oportunidades da súa contorna.
Durante a feira poderán coñecer a oferta educativa doutros centros de Galicia, iniciativas de emprendemento, alternativas de lecer saudable e programas de apoio e integración xuvenil. Será un espazo de encontro para dialogar directamente con centros, entidades e profesionais.
Ademais, o alumnado de 1º de FPB contará cun stand propio no que explicará en que consiste a Formación Profesional Básica.
Descubre o teu futuro
A III Feira Impulsa de Emprendemento é un espazo de encontro deseñado para achegar ao noso alumnado todos os recursos e oportunidades dispoñibles na contorna. O noso obxectivo é fomentar o diálogo e a interacción directa con centros, entidades e profesionais.
Oferta Educativa
Coñece as diferentes vías formativas, ciclos e graos para continuar a túa aprendizaxe.
Emprendemento
Descubre iniciativas de emprendemento local e ferramentas para darlle vida ás túas ideas.
Lecer Saudable
Alternativas para o tempo libre: deporte, cultura, asociacións e actividades xuvenís.
Apoio e Integración
Información sobre programas e entidades dedicadas ao apoio e a integración xuvenil.
Coñece a Formación Profesional Básica
Este ano queremos destacar de forma moi especial a participación do alumnado de 1º de FPB. Contarán cun stand propio dende o cal serán eles mesmos os encargados de explicar aos visitantes en que consiste a súa formación.
Unha oportunidade fantástica para darlle visibilidade e o valor que merece a esta excelente opción formativa do noso centro. ¡Non deixedes de visitalos!
Plan da Xornada
Martes, 3 de Marzo de 2026 | IES San Mamede
Visita xeral
Apertura da feira e visita aos estands.
Pausa café
Exclusivo para representantes de estands.
Quenda: 3º e 4º ESO
Visita aos estands para o alumnado do segundo ciclo da ESO.
Quenda: 1º e 2º Bacharelato
Visita aos estands para o alumnado de Bacharelato.
Visita xeral
Tempo libre para seguir visitando e interactuando nos estands.
Quenda: Formación Profesional
Visita aos estands para o alumnado de FP. ¡Non esquezades pasar polo stand de 1º de FPB!
