De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18/09/2024), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar
Nas eleccións, escolleranse representantes de:
-
- Alumnado
- Nais, pais e titores/as legais do alumnado
- Profesorado
- Persoal de administración e servizos
Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura, o poderán facer ata o día 30 de outubro ás 14:00 entregando un formulario dispoñible en Secretaría ou nesta mesma páxina
As votacións serán o vindeiro luns 18 de novembro. Para máis información, é necesario ver as respectivas convocatorias publicadas no taboleiro de anuncios do Centro e que deixamos aquí abaixo, xunto cos formularios para presentar as candidaturas: