Vida activa e primeiros auxilios

Durante o mes de xaneiro impartíronse no noso instituto unhas charlas teórico-prácticas sobre primeiros auxilios, co obxectivo de garantir o máximo rigor e manter unha formación o máis actualizada posible neste ámbito. Para o seu desenvolvemento contamos coa colaboración do persoal da Cruz Vermella de Maceda. O principal obxectivo destas sesións foi concienciar o alumnado […]

Bádminton intercentros

O pasado mércores, día 28 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO do noso centro desprazouse ata as instalacións do colexio Miraflores para participar nunha xornada de convivencia enmarcada no Plan XOGADE. Ao longo da actividade, o alumnado puido experimentar de primeira man os valores asociados á práctica deportiva, destacando polo seu […]

Actividade de cross (XOGADE)

Alumnado cross

O venres 21 de novembro deron comezo as actividades do Plan Xogade correspondentes ao curso 2025/26, cun desprazamento a Monterrei para participar nas diferentes probas de cross nas que interviría o noso alumnado. Ata alí acudimos cun grupo de estudantes de 1º e 2º da ESO, co obxectivo de fomentar a convivencia con outros centros […]

Torneo do magosto 2025

Celebra o Magosto con emocionante torneo de fútbol sala e un delicioso menú preparado polo alumnado de 4º da ESO.