Con motivo da convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, a dirección do IES San Mamede, a petición da Xunta Electoral do centro, publica unha circular informativa na que se recolle a relación de candidaturas admitidas para a elección de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar.
A circular está publicada no taboleiro de anuncios do centro e tamén pode consultarse premendo nesta ligazón.
Para máis información sobre o proceso electoral, as datas e as modalidades de votación presencial e telemática, podedes consultar a nova publicada anteriormente nesta páxina web.