Blogue do Dpto. de Orientación

Convocatoria de becas de Grado Jesús Sierra

A Fundación Occident publica o programa de Bolsas de Grao Jesús Serra, dirixido a estudantes de bacharelato ou ciclos formativos de grao superior que desexan acceder á universidade e ser os primeiros en superar todas as barreiras.

Este ano é a 3ª edición das Bolsas de Grao Jesús Serra, e resumimos aquí a información máis relevante:

  • Son 14 bolsas para estudantes que se matriculen por primeira vez nun grao universitario no curso 2026-2027. Destas, 2 resérvanse para estudantes cunha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%.
  • Dúas vías de acceso:
    • Vía 1: Primeira xeración de estudantes universitarios, para alumnos que serán os primeiros da súa familia en cursar estudos universitarios.
    • Vía 2: Primeira xeración de mulleres en STEM, para alumnas que serán as primeiras da súa familia en cursar graos en ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

Convocatoria aberta ata o 29 de maio de 2026 (14.00 h CET).

Máis información.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *