Alumnado & Familias

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026

Convócanse axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato, dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2026.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a segunda semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2026, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.

O prazo estará aberto do 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2026.

Máis información.

Etiquetas
Comparte a nova nas redes
Deixa un comentario

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *