Noraboa a todos e todas
Unha vez publicadas as cualificacións da ABAU 2024 (avaliación de Bachillerato de Acceso a la Universidade, anteriormente denominadas como selectividade) nas dúas convocatorias (ordinaria -xuño- e extraordinaria -xullo-), o noso alumnado acadou uns resultados excelentes con todos/as aprobados/as!!.
Estes resultados, xunto cos das convocatorias anteriores igual de relevantes, fan do noso alumnado un dos que mellores resultados acadan na provincia nos últimos anos.
Dende este centro seguiremos a traballar na educación e formación do noso alumnado, non so de Bacharelato, senón tamén do resto de niveis educativos entre os que se atopan a ESO e a Formación Profesional (FP Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, FP Grao Medio de Informática e FP Básica de Informática).