A semana pasada tivo lugar o proceso de entrega dun iPad ao alumno Alejandro Gil, matriculado no ciclo medio de informática.

O iPad foi doado pola organización Ayuda en Acción a través dun sorteo entre o alumnado de FP do centro que participou no programa eMprende no pasado curso 22/23  e foi entregado por Miguel Betes (en representación de Ayuda en Acción) e Diego Rodicio (director do IES San Mamede)

Dende o IES San Mamede queremos agradecer todo o magnífico traballo realizado por Ayuda en acción e súa aposta polo futuro do noso alumnado de FP. 

Na dirección deste centro queremos dar a Ayuda en acción todos os parabéns trasladados polo alumnado, en especial para Miguel Betes, traballador de Ayuda en acción neste centro.

Sorteo iPad

Programa eMprende

O alumno Alejandro Gil foi agraciado un iPad, doado por Ayuda en Acción.

Ayuda en Acción

A organización Ayuda en Acción leva  colaborando co IES San Mamede dende o curso 22/23.

Comezamos a colaboración no curso 22/23 co programa piloto eMprende, a través de Ayuda en acción e cofinanciado polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e polos fondos NextGenerationEU da Unión Europea.

Neste curso 23/24 empezamos co programa iMpulsa, neste caso co financiamento na súa totalidade a través de Ayuda en acción

Programa eMprende

O programa eMprende, a través de Ayuda en acción e cofinanciado polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e polos fondos NextGenerationEU da Unión Europea, nace como unha ferramenta para docentes e unha oportunidade para o alumnado de Formación Profesional en aspectos fundamentais como o establecemento de plans de orientación vocacional, a adquisición de competencias clave ou o coñecemento da contorna para identificar oportunidades.

O inicio dunha carreira profesional ou a procura dun primeiro emprego, son momentos e transicións cruciais que afectan as posibilidades de elección e construción dun futuro propio. O acceso á educación, o acompañamento, a aprendizaxe e a formación para lograr a transición cara ao emprego son elementos crave para logralo.  

eMprende foi deseñado desde un enfoque multidisciplinar en base ao traballo en rede e ao establecemento de alianzas público privadas que permiten a adecuación das necesidades formativas ao mundo laboral.

Este programa axuda ás persoas mozas a identificar a súa vocación, mellorar as súas competencias clave e poder trazar un plan de vida que se adecúe ás súas necesidades e ás súas eleccións, cambiando o seu presente para garantir o futuro. 

Programa iMpulsa

O programa iMpulsa nace como unha continuación do programa eMprende, contanto basicamente cos mesmos obxectivos. Neste caso, o programa está financiado integramente a través de Ayuda en acción

Comparte a páxina nas redes